Veciños de Poio denuncian que sufriron catro inundacións en oito meses

    garaxeandurique_100_140607_1.jpgPOIO > As inundacións prodúcense no garaxe do número 47 de Andurique. Os veciños aseguran estar ‘fartos desta situación’.

    Os veciños do número 47 de Andurique, en plena estrada xeral de Pontevedra a Poio, aseguran sufrir continuas inundacións no garaxe do seu edificio. Dende o pasado mes de outubro, sufriron catro enchentes, unha delas especialmente grave e que deixou baixo a auga tódolos trasteiros e 14 coches. Culpan delo á construcción excesiva e á deficiente rede de pluviais.

    garaxeanegado2_200_140607.jpgSegundo José Luis Hermelo, un dos afectados, o problema ven da canalización dun regato que cruza a zona e ía a un muiño. Cando se recanalizou, levouse pola beirarrúa ata debaixo dunha rotonda cercana, onde o tubo estreita dun metro a 50 centímetros. Cando chove en exceso, ó chegar a este punto a auga non pode pasar e comeza a volver cara atrás anegando toda a rúa e baixando para o garaxe deste edificio. Pero ademais na zona alta deste lugar séguese a construír sen reforza-los servizos, polo que temen que a situación vaia a peor no futuro. E segundo estes veciños, o Concello elude toda responsabilidade.

    garaxeanegado_200_140607.jpgO presidente da comunidade de veciños, Maximino Pasarín, acudiu ó Concello en numerosas ocasións para tratar de buscar unha solución pero non quixeron escoitalo. ‘O goberno local dí que a estrada é da CPTOPT e que non poden facer nada, e na consellería nos dín que é un problema do Concello que non ten ben as canalizacións’. Así levan sete meses e ninguén lles dá unha solución. Os veciños puxeron unha alarma para avisar cando a auga chega a determinada altura e poder así saca-los seus vehículos.

    Unha situación que non poden aturar por moito máis tempo. Piden que se recanalice este regato que reborda en canto chove un pouco e se lle faga un aliviadeiro en condicións para evitar que o problema vaia a máis coas novas construccións.

    Redacción Salnés