Suspendidas as licencias para áreas comerciais en Vilagarcía

    Vilagarcía aproba a suspensión de licencias para a construción de áreas comerciais. Tras un bronco pleno e co único voto en contra do Partido Popular, o concello paraliza durante un ano a construción de centros comerciais freando así a iniciativa que ocuparía os terreos de Megasa. Se nese prazo se aproba o PXOM podería a paralización de licencias podería ampliarse ata 2 anos máis.

     

     Como xa se esperaba o pleno de Vilagarcía aprobaba onte a suspensión de licencias para a edificación de áreas comerciais no municipio durante un ano, despois da súa publicación no DOG. Unha aprobación que afecta a todas as solicitudes que se fagan a partir desa publicación e aquelas que estean en trámites e non resoltas como é o caso dos terreos de Megasa.

    A definición de ditas áreas entendidas como “establecementos integrados por un conxunto s de actividades comerciais individuais” creou controversia entre a bancada popular e o seu voceiro quixo indicar que esta era un suspensión á carta e camuflada contra unha empresa concreta.

    Con anterioridade o voceiro de Esquerda Unida en Vilagarcía tamén lle daba un tirón de orellas ao alcalde, Alberto Varela, reprochándolle que fixera esta moción de urxencia despois de rexeitar unha similar do seu partido no pasado mes de novembro.

    O rexedor reiterou unha vez máis que os centro comerciais non forman parte do modelo de cidade que quere o PSOE para Vilagarcía; algo no que incidiu o exalcalde, Tomás Fole, quen remarcou a ausencia dun modelo de cidade diferenciado despois de tantos anos de goberno socialista en Ravella.

    Foi co voceiro popular con quen Alberto Varela tivo o rifi-rafe máis bronco da sesión cando a intervención de Tomas Fole excedeu do tempo permitido e no que Varela aproveitou para responder as acusacións do exrexedor.

    Finalmente a moción foi aprobada por todos os votos a favor da esquerda: PSOE, Esquerda Unida, BNG e Somos Maioría, e o único en contra do PP. Este acordo entrará en vigor despois da súa publicación no DOG e se durante ese tempo se aproba o Plan Xeral da vila poderíase ampliar a paralización de licencias ata dous anos máis.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/26/pleno_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/26/pleno_vilagarcia.mp4{/flowplayer}