Cambados acolle un curso da UIMP sobre economía vitivinícola

    adegas100_150708.jpgCAMBADOS > O Salón de Plenos do Concello de Cambados acolleu esta tarde a presentación dun curso sobre economía vitivinícola nas Rías Baixas

    …un encontro, organizado pola Universidade Internacional Menédez Pelayo que reunirá dende o xoves e ata o sábado ós máis destacados expertos do sector.

    Interesante curso, aberto a todo o mundo, presentado baixo o nome: “A economía vitivinícola nas Rías Baixas: territorio, producción e comercialización dos viños da Denominación de Orixe”.

    As xornadas extenderanse ata o sábado 19 pola mañá e servirán de antesala á próxima Festa do Albariño, de finais de mes.  Serán tres intensas xorndas de ponencias onde estarán representados practicamente tódolos sectores que están relacionados co mundo vitivinícola. Antóllanse especialmente interesantes as charlas de Xavier Zas Xerente de Condes de Albarei, que falará sobre un tema candente e que relaciona á actualidade da súa empresa: os novos negocios asociados ó mundo das adegas, será o xoves ás 12:30.

    O sábado ás 10:00, Eduardo García, Director da Escola de Negocios Caixanova falará do plan estratéxico realizado en 2003 para Rías Baixas.

    Ás xornadas pode acudir todo aquel que o desexe e o prazo de inscripción estará aberto ata o mesmo xoves. Pode ser interesante tamén para os estudiantes das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, xa que o diploma de asistencia pode ser convalidado por créditos de libre configuración.

    Á presentación de hoxe acudiron a edil de cultura de Cambados Anabel Carro, o xerente do Consello Regular da denomionación de Orixe Rías Baixas e directro do Curso, Ramón Huidobro, o vicepresidente da depuitación José Juan Durán e o director en Galicia da Universidade Menéndez Pelayo, Xosé Luis Barreiro.

    Redacción Salnés