O GROVE> Un taxista acaba de poñer en marcha unha iniciativa para garanti-la seguridade das mulleres unha vez baixan do seu coche. Martín comprométese a agardar a que entren na casa. Di que dende hai tempo moitas mozas llo pedían, así que decidiu extendelo a toda a clientela. Agora agarda que os seus compañeiros tamén se sumen á iniciativa.
Unha viaxe no taxi de Martín non remata ó chegar ó punto de destino: antes de marchar este taxista meco comprométese a agardar a que as súas clientas entean dentro do portal da súa vivenda. Trátase dunha iniciativa persoal, que busca apoiar a aquelas mulleres que sintan medo pola noite.
Martín explícanos que hai tempo que agarda a que as mozas entren na casa. Di que tomou a decisión de poñe-lo cartel porque moitas veces xa eran as propias clientas as que lle pedían que esperase.
O cartel leva tan só unha semana pendurado do salpicadeiro do seu coche. Nestes días xa recibiu numerosas felicitacións por parte dos seus clientes.
Martín agarda que a súa iniciativa sirva para que moitos outros taxistas tomen conciencia. Algúns xa se interesamos pola medida, levando a iniciativa a lugares como Ribadavia.
Ademais do taxi de Martín, na nosa contorna hai outras localidades onde se aplican medidas semellantes. É o caso de Cambados, onde os taxistas da vila tamén inclúen nas súas viaxes este servizo. E todo para garantir que tódalas viaxes rematen con final feliz.