O Basket Camp reunirá a máis de 200 nenos en Vilagarcía de Arousa

    basket_140607__100.jpgVILAGARCÍA > 200 nenos vivirán con intensidade a cuarta edición do Basket Camp que se celebrará en Vilagarcía de Arousa…

    …entre o 1 de xullo e o 7 de xullo. Alí, os rapaces gozaran das diferentes actividades ligadas ó mundo do baloncesto da man de monitores especializados. Ademais, os participantes contarán como en anteriores edicións coa visita de xogadores da ACB. No acto de presentación deste campus estiveron o Javier Villaronga e Carlos Guerrero en representación de Caoxanova e o Concello respectivamente. O Basket Camp chega este xullo ó seu cuarto cumpreanos e para celebralo nada mellor que 200 nenos cheos de enerxía e cunha meta moi clara: gozar do baloncesto durante sete días.

    A colaboración de Caixanova e o Concello foi crucial á hora de organizar e apoiar este evento que nesta ocasión terá lugar en Fexdega. Unha semana na que a xuventude vilagarcián aprenderá a convivir entre adestramentos, charlas e competicións.

    Partidos de 3x3probas de habilidade, tiro e premios que recoñecen diferentes facetas dos participantes, non só deportivas son algunhas das iniciativas que se poderán ollar nesta edición do campus de baloncesto. Entre as novidades, o tren do basket…que será un viaxe en tren…eso si …especial xa que os mozos deberán pasar diferentes probas. Este ano hai xa unha visita confirmada a de o xogador do Estudiantes, Carlos Suaréz. Un total de 30 monitores velaran pola seguridade dos máis de 200 nenos que a partir do 1 de xullo invadiron o recinto de Fexdega.

    Redacción Salnés