José María Fidalgo visita a sede de CC.OO. en Vilagarcía de Arousa

    fidalgo_140607__100_2.jpgVILAGARCÍA > O secretario xeral de CC.OO., José María Fidalgo, visitou por vez primeira a sede arousana do sindicato.

    Alí, mantivo unha charla co secretario xeral do sindicato nacional de CC.OO en Galicia, Xan Manuel Castro Paz e con Ramón Bueno, secretario xeral da Unión Comarcal. En palabras dos protagonistas, foi un xuntanza intensa onde se lle trasladou a Fidalgo unha visión do traballo que dende este sindicato se fai na comarca. Jose María Fidalgo, visitou hoxe a sede que o sindicato ten en Vilagarcía de Arousa.

    O líder sindical estivo ben arroupado en todo momento tanto por Xan Manuel Castro Paz, responsable de CC.OO. en Galicia como por Ramón Bueno, secratario xeral da unión Comarcal. Fidalgo suliñou a importancia da labor que teñen hoxe en día os sindicatos e felicitou publicamente ós traballadores pola súa entrega. Fidalgo recordou que a labor dos sindicatos é importante e máis nun país como o noso que segue a crecer pero que basea ese crecemento no consumo interno, consumo que por un lado xenera riqueza e emprego. O problema é que en moitos destes casos o emprego é precario.

    O secretario xeral recordou tamén que este ano e espacial para os sindicatos xa que se cumpren 30 anos dende a súa legalización. Con motivo deste 30 aniversario , Fidalgo adiantou a intención de CC.OO de homenaxear a un baluarte do sindicalismo no pais, Marcelino Camacho.

    Redacción Salnés