Os alumnos do Filipense fanse co subcampionato do Torneo de Debate

    VILAGARCÍA> O colexio Sagrada Familia de Vilagarcía chegou unha vez máis a final do segundo torneo escolar de debate organizado polo SEK Atlántico. Quedaron segundos, pero malia non gañar, os alumnos de 6º de primaria demostraron ser uns ases en dialéctica. Os alumnos de 6º de primaria do colexio Sagrada Familia alcanzaron o segundo posto no concurso de debate organizado polo Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio. Aínda que este ano non resultaron gañadores como na edición pasada, os nenos aseguran que si foi moito o que aprenderon. O centro ven apostando polo adestramento nas técnicas da oratoria desde hai tempo. Inícianse os alumnos de sexto de primaria, para continuar a formación nos cursos seguintes. Aínda que o proceso é longo e laborioso, os mestres consideran que esta actividade é importante para formar aos nenos na arte da palabra, ademais de beneficialos no seu futuro. A directora do colexio mostrase orgullosa dos alumnos xa que isto significa que os mesmos teñen un dominio de espírito crítico dentro dos temas que traballan. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/sagradafamilia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/filipenses torneo debate.mp4{/flowplayer}