Vilanova vólcase no homenaxe a Suso Nogueira

 

O pobo de Vilanova de Arousa rendeu esta fin de semana unha sentida homenaxe a unha das súas figuras máis queridas. Trátase de Jesús Nogueira, director da Banda Cultural durante trinta anos e ó que o recoñecemento colleu totalmente por sorpresa. Un día inzado de actos nos que músicos, familiares, veciños e autoridades só tiveron palabras de loubanza e agradecemento para Nogueira.Imposible non emocionarse ante as sentidas palabras dun fillo orgulloso do seu pai.

Loubanzas e palabras de agarimo correron esta fin de semana en Vilanova para homenaxear a un dos seus veciños máis queridos: Jesús Nogueira. Director da Banda Cultura desde o seu nacemento hai trinta anos e a día de hoxe segue ó pé do cañón, como di el, ata que lle deixen.

A homenaxe a Nogueira comezaba horas antes en Caleiro, na casa nai da familia. Xusto no momento no que o homenaxeado chegaba en coche atopábase cunha banda de preto de cen músicos que lle deron a benvida. Entre eles, integrantes de tódalas xeracións que pasaron pola formación. Desde alló partiron en pasarrúas ata o concello, dirixidos, como non , por Nogueira. Na casa consistorial a corporación municipal ofreceulle unha recepción oficial e dalí marcharon ara a praza da Pastoriza primeiro e logo ó Xardín Umbrío, onde a Banda agasallou ós presentes cun concerto que se intercalou coa proxección de imaxes e vídeos nos que achegados de Nogueira e membros ou antigos integrantes da banda contaron anécdotas sobre o homenaxeado.

Unha xornada que Nogueira non poderá esquecer e na que se demostrou que os vilanoveses saben agasallar ós seus conveciños máis queridos.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/24/HOMENAXESUSONOGUEIRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/24/HOMENAXE_SUSO_NOGUEIRA.mp4{/flowplayer}