O enterro de Marcos Muñiz coincidiu coa declaración do seu presunto asasino

    enterrooubina_100_150607__still_001.jpgCAMBADOS > Case ó mesmo tempo que entraba a declarar Juan Ramón González, a súa vítima era soterrada no cemiterio de Oubiña.

    Segundo as últimas informacións, a videoconsola só foi o detonante do suceso que o mércores lle custou a vida ó xoven cambadés Marcos Muñiz Calviño. A verdadeira razón do suceso parece ser máis ben unha débeda de 12 mil euros que o de Oubiña tiña co de Corvillón.

    enterrooubina_200_150607__still_002.jpgComo xa lles adiantamos o mesmo mércores, Juan Ramón González ten problemas coas drogas e antecedentes policiais, ó igual que a vítima, polo que un problema de cartos ou un axuste de contas parece se-la causa máis razoable do homicidio. Incluso nos últimos días algúns coñecidos dos mozos falaban de que o crime estaba máis que anunciado, xa que o propio Juan Ramón asegurara no seu entorno que mataría a Marcos. E así parece que o fixo o mércores cando se presentou na súa casa de Oubiña con dous coitelos. Un deles rematou no peito da vítima que morreu case no intre.

    cochecoasasinooubina_200_150607__still_002.jpgHoxe era enterrado no cemiterio da súa parroquia en compañía da súa familia, a quen vemos aquí de costas. Xunto coa nai van os irmáns de Marcos Muñiz, entre eles a xoven Genma con que se supón que tiña unha relación o presunto agresor. Tamén o alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, veciño da familia, estivo no enterro xunto con outros moitos veciños que aínda hoxe non crían o sucedido.

    E mentres tiña lugar o funeral na parroquia de Oubiña, no Xulgado de Cambados declaraba Juan Ramón González, quen chegaba nun Renault Megane con cristais tintados pouco despois das catro e media procedente do cuartel da garda civil.

    Redacción Salnés