Búscase experto en turismo para dirixir Turismo de Sanxenxo

    turismodesanxenxo100_150607.jpgSANXENXO > CETS e Concello veñen de botar a andar Turismo de Sanxenxo. Esta sociedade mixta tratará …

    … de crear un producto turístico coa marca Sanxenxo e darlle un carácter máis profesional á súa comercialización. Agora búscase unha persoa para comandar o proxecto. O requisito indispensable, unha experiencia dilatada no sector.

    turismodesanxenxo200_150607.jpgTurismo de Sanxenxo, é a nova empresa promovida polo Concello de Sanxenxo. Trátase dunha sociedade mixta, participada nun 75 por cento pola administración local e nun 25 polo CETS, o Consorcio de Empresas Turísticas de Sanxenxo. O ente nace cun capital social de 60 mil euros e cuns claros obxectivos: potenciar e promover o turismo, coordinar os diferentes axentes tanto públicos como privados responsables do desenvolvemento turístico, apostar pola formación continuada como base da calidade e buscar solucións para o equilibrio laboral no sector. Do que se trata basicamente é de traballar cunha marca, Sanxenxo, que en Galicia se atopa entre os 4 primeiros destinos, e en entre os 10 primeiros en España.

    Unha vez tome posesión a nova corporación municipal, a intención é levar ó vindeiro pleno os estatutos desta sociedade. Pero antes Concello e CETS terán que atopar a persoa idónea para comandar este proxecto. O perfil: ‘a que máis saiba de turismo’, segundo indicou o presidente do CETS Francisco González. Concello e CETS buscan unha persoa moi coñecedora do mundo turístico a nivel nacional, como algo indispensable, pero tamén a nivel internacional. A sociedade é un punto e seguido do traballo realizado polo CETS, que seguirá atendendo as demandas dos empresarios, e polo Concello, que mantén no seu organigrama unha concellería dedicada a este sector.

    Redacción Salnés