CC.OO. pídelle a Touriño que cumpra os seus compromisos

    pedrosaccoo100_190407.jpgPONTEVEDRA > CC.OO. expresou hoxe o seu malestar e inquedanza respecto ó futuro de ENCE. Aseguran que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, non cumpriu a súa promesa

    …de crear unha mesa de concertación. O traslado da fabrica foi outro dos temas importantes tratados nesta comparecencia. Tamén dende CCOO invitaron a reflexión da cidadanía sobre o futuro de Pontevedra sen emprego industrial.

    Os traballadores de ENCE seguen a súa loita por intentar conservar os seus postos de traballo. Hoxe expresaron a súa indignación pola actitude do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Aseguran que a mesa de concertación que propuxo por iniciativa propia non pasou de ser unha simple promesa. Dende o sindicato apuntan que Touriño mantén conversacións cos directivos da empresa e que descoñecen o seu contido. O tema do traslado da fabrica tamén preocupa e moito os traballadores.

    O presidente da Xunta asegurou que esta operación non se pode afrontar con diñeiro público. Jose Luís García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO, criticou o uso partidista desta situación e arremeteu contra o goberno local que asegura que o traslado de ENCE dentro da comarca de Pontevedra non e viable debido a falta de chan industrial. Tamén recordaron que segundo a Xunta e a consellería de Pesca a contaminación da ría é urbana e non industrial e recalcou a actual situación da depuradora de Praceres.

    Redacción Salnés