Os traballadores de Atunlo botaranse á rúa contra o ‘uso indebido’ do sistema de medición de produtividade

O GROVE>  A CIG denuncia o uso indebido que está a facer Atunlo, no Grove, do seu sistema de medición de produtividade. Segundo din, varios traballadores foron expedientados por baixo rendemento e incluso houbo varios despidos. A central nacionalista xa denunciou estes casos e a xustiza estalles dando a razón. Agora, pídenlle á empresa que se limite a empregar ese medidor como se facía antes, só para premiar a aqueles que produzan máis.

O cadro de persoal de Atunlo, no Grove, atravesa unha situación complicada. Dos seus 140 traballadores, máis dun 30% están de baixa nestes momentos. O motivo, segundo a CIG, a tensión que se vive na fábrica polo uso indebido que se está a facer do sistemaa de medición de limpeza de peixe, que servía para premiar ós empregados máis produtivos.

Unhas sancións e despidos que chegan a través de cartas como esta, nas que Atunlo argumenta ‘baixo rendemento’. A CIG denunciou xa estes casos e a xustiza estalles dando a razón. A central nacionalista pide a fin destas prácticas sancionadoras e que se empregue o sistema de medición de produtividade só para o que foi creado.

Polo de pronto, hai xa mobilizacións convocadas. A primeira vai ser o vindeiro mércores, cunha concentración ás portas da fábrica da Siradella entre a 1 e as 3 da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí