O Serga celebra a súa I Xornada de formación e solidaridade en Sanxenxo

    serga_150607__100.jpgSANXENXO > O colexio oficial de administradores de fincas de Galicia “SERGA” cumpre hoxe 20 anos de actividade.

    Para conmemorar esta data a empresa organizou a primeira edición da xornada solidaria e de formación. Solidaria…por que a actividade principal foi a doación de sangue e de formación polas charlas e reunións que tiveron lugar durante toda a xornada. “Comparte saúde, doa soangue”.

    Esta é a frase que define a actividade que hoxe tivo lugar nas inmediacións da oficina do Serga en Sanxenxo. Esta foi a actividade máis chamativa da xornada de hoxe que conmemorou o vinte cumpreanos da empresa. Ademais unha invitada especial, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea que se achegou ó lugar coa intención de doar sangue e de participar nas xornadas. A charla sobre as incidencias do novo dereito civil ede Galicia e nas relacións xurídicas inmobiliarias foi a parte adicada á formación.

    Tamén hoxe fíxose un anuncio moi especial: A Xunta de goberno do colexio oficial de administradores de fincas de Galicia constituíu o comité organizador do décimo sexto congreso nacional de administradores de fincas que terá lugar en Sanxenxo no 2010. Trátase da primeira vez que unha cidade que no é capital de provincia ten esta honra.

    Redacción Salnés