Ingresa en prisión o ex sindicalista Salvador Ribadomar por tráfico de droga

    salvador_ribadomar100_110208.jpgVILAGARCÍA > Novo golpe contra o narcotráfico e desta volta con sorpresa incluída. O pasado venres a Garda Civil detivo en Vilagarcía …

    salvador_ribadomar300_110208.jpgVILAGARCÍA > Novo golpe contra o narcotráfico e desta volta con sorpresa incluída. O pasado venres a Garda Civil detivo en Vilagarcía a Juan Salvador Ribadomar e Guillermo Fernández Sánchez. O primeiro é unha persoa ben coñecida na comarca do Salnés, sobre todo no mundo do mar, sector ó que defendeu durante anos dentro do sindicato CIG. 

    Juan Salvador Ribadomar, ex sindicalista da CIG e ex concelleiro do BNG en Cambados, foi detido esta pasada fin de semana no marco dunha operación antidroga. Nesta operación, desenvolvida entre España e Portugal, foron detidos outros tres galegos, ademais de incautárenselles 5.900 quilos de haxís e polen deste estupefaciente, aprehendidos na zona de Leiría e Sesimbra. Segundo a Garda Civil , o primeiro destino desta droga sería Galicia e tería acadado no mercado ilícito un valor duns seis millóns de euros. Todo apunta a que o haxís procedía de Marrocos, que foi trasladado en barco ata Portugal e logo por estrada a Galicia.

    Precisamente, o cambadés Salvador Ribadomar, trasladárase hai ano e medio ó continente africano. Estivo no golfo de Guinea para ensinar as artes da pesca ós nativos. Recentemente establecérase en Carril, onde tamén vive outro dos detidos, Guillermo Fernández Sánchez, coñecido como O Coxo. Este mariscador a flote chegou a formar parte da directiva da confraría de Carril aínda que tiña mala sona e xa fora detido en ocasións anteriores pola súa suposta relación co narcotráfico. Os dous xa ingresaron no cárcere da Lama.

    Redacción Salnés