AMBAR agarda unha ampla participación no seu certame de curtas

    certamecurtasambar_100_210607.jpgBARBANZA > Por terceiro ano consecutivo a Asociación AMBAR convoca o seu certame de curtametraxes ‘Nada sobre nós sen nós’.

    Dende a Asociación AMBAR agárdase a que o certame, que terá lugar no mes de novembro, dentro das Xornadas do Audiovisual de Boiro, volva a te-la importancia de anos anteriores, tanto pola boa acollia que tivo no público como polo número de obras presentadas a concurso, chegadas dende diversos puntos de España e mesmo do estranxeiro. Toño Novo, coordinador de AMBAR, fixo tamén un chamamento á participación, fundamentalmente da xente nova.

    O tema do certame deste ano vai ser o da diversidade funcional dende unha visión dos dereitos humanos e da cidadanía, e as obras presentadas poderán aborda-lo mesmo sen distinción de xéneros. Poderá participar calquera obra de realización coa única salvedade de que non sexa anterior ó ano 2003. A duración máxima será de trinta minutos, establecéndose dúas categorías, unha para as curtametraxes realizadas en cine e outra na que se incluirán tódalas curtas realizadas en vídeo.

    Prazo presentación

    O prazo de presentación das obras será do 1 de setembro ó dez de outubro, establecéndose dous premios, un de mil euros para a mellor obra de cine e outra de cincocentos para a mellor obre de vídeo. O xurado poderá ademais facer tres mencións honoríficas.

    Redacción Barbanza