A Cabalgata de Lampón sairá este ano de Escarabote e rematará no concello

BOIRO> Oito carrozas integrarán a cabalgata de Reis de Lampón que este ano modificará o seu percorrido. Partirá dende Escarabote en dirección a Boiro onde terá lugar a recepción real ó redor das sete da tarde.

Novidades na cabalgata de Lampón, unha das máis lonxevas da comarca, que este ano varía o seu percorrido. Partirá ás cinco e cuarto dende Escarabote, e non da Madalena como era habitual, e rematará en Boiro onde terá lugar a recepción dos Reis Magos.

A comitiva estará integrada por oito carrozas e contará con animación musical e personaxes tradicionais.

Ademais da cabalgata oficial do día 5, terá lugar na véspera o percorrido das Raíñas Magas polas parroquias.

Como en anos anteriores, a cabalgata  contará cun treito sen ruído na Rúa principal, entre a Avenida de Compostela e Salvador Allende.