A selección galega non puido có empuxe e a velocidade das cubanas

    VILAGARCÍA > En Vilagarcía, a selección galega non foi capaz de impoñerse ó combinado cubano a pesar…

    …da garra que lle puxeron as de Miguel Méndez ó partido. O resultado final 63 a 81 a prol das visitantes que deixaron a súa impronta do bo baloncesto no pavillón de Fontecarmoa. A selección cubana fixo valer o seu status de quinta selección no ranquing mundial. As galegas puxeron empeño e ganas pero isto non foi suficiente para parar ás visitantes.

    A pesar do resultado final, cubanas e galegas estiveron co marcador igualado ata o termino do primeiro cuarto. A velocidade e a capacidade de recuperar balóns das cubanas foron as armas que marcaron as diferencias có combinado galego. A pesar de todo as xogadoras galegas non tiraron a toalla e seguiron peleando ata o ultimo segundo do partido. 600 persoas gozaron deste partido que foi o segundo partido internacional da selección galega de baloncesto.

    Redacción Salnés