![]()
POIO > BNG e PSOE formalizaron xa o seu pacto de goberno estable no Concello de Poio. O alcalde Luciano Sobral, mais a tenente de alcalde Consuelo Besada, asinaron xa o documento no que especifican os acordos acadados nas últimas negociacións. Ambos indicaron que o propio resultado electoral lles moveu a formar esta coalición.
O BNG, que aínda non fixo o reparto entre os seus edís, encargarase das áreas de Urbanismo, Facenda, Cultura, Deportes, Educación, Seguridade Cidadá, Sanidade, Turismo e Festexos e Réxime Interior. O PSOE si repartiu as súas carteiras. Rosa Fernández ocuparase de Servizos Sociais, Muller, Xuventude e Participación Cidadá; Gregorio Agís levará Medio Ambiente e Desenvolvemento Loca, mentres que Consuelo Besada farase cargo das áreas de Persoal, Obras e Servizos, e Pesca e Marisqueo, esta última unha das súas promesas electorais.
Terán dedicación exclusiva tanto Sobral como Besada, e haberá dúas dedicacións parciais, unha o BNG aínda sen decidir, e outra para a edil socialista Rosa Fernández. En canto á Xunta de Goberno Local, estará formada por 4 edís do BNG e 2 do PSOE. Este é o resultado dunhas negociacións que ambos definiron como intensas e cheas de diálogo.
O alcalde afirmou que os 10 edís desde equipo de goberno van a traballar como unha soa persoa para sacar adiante os proxectos pensados para Poio. No acordo asinado hoxe márcanse como liñas de traballo o desenvolvemento xeral do Concello, a atención ós veciños, o respecto polo medio ambiente ou a ordenación urbanística racional.
Redacción Salnés








