O PPdeG ratifica a Louzán como presidente da Deputación

    feijoolouzan_100_210607.jpgPONTEVEDRA > A directiva do Partido Popular ratifica no posto de presidente da Deputación a Rafael Louzán polos resultados acadados nas últimas eleccións municipais…

    …do 27 de maio. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, anunciono na xuntanza mantida onte cos alcaldes e candidatos populares da provincia de Pontevedra. Os populares avaliaron satisfactoriamente os resultados das eleccións lamentando que a maioría de gobernos en coalición deixen fóra do goberno á forza máis votada.

    Feijoo reuníase onte con todos os alcaldes e candidatos do partido popular na provincia de Pontevedra para avaliar os resultados das pasadas eleccións municipais. Resultados positivos segundo Feijoo, especialmente nesta provincia, na que o 75 % do electorado votoua ao PP. O líder dos populares galegos destacou que os resultados nas dúas cidades pontevedresas son os mellores dende hai 12 anos e Telmo Martín e Corina Porro ten maior porcentaxe de voto que seis dos sete alcaldes das grandes cidades galegas.

    Feijoo falou de que en Galicia se estaba producindo unha situación lexítima pero atípica en alusión aos pactos de goberno que permiten que gobernen coalicións de partidos que, individualmente, non ostentan a maioría simple. Os resultados foron analizados pola directiva do partido e mailos alcaldes provinciais populares que levarán no programa electoral nacional a modificación da Lei electoral.

    Redacción Salnés