A terceira idade, eixo dun dos cursos de verán que se impartirá en Caldas

    caldas_curso_220607__100.jpgCALDAS > Mellorar a calidade de vida dos maiores. Ese e o obxectivo do curso de actualización xerontolóxica que se…

    …desenvolverá en Caldas de Reis entre os días 16 e 19 de xullo no Auditorio Municipal Paseo Roman López da Caldas.

     Este curso están avalados pola Universidade de Santiago de Compostela. 4 xornadas dedicadas os maiores. Educación, dependencia, asistencia e xestión xerontolóxica son as áreas que abordará este curso. Un modulo para cada un destes temas que tratara de achegar e profundizar os problemas deste colectivo social. Este curso, cada vez máis aberto, teñen acceso tanto alumnos como profesionais das distintas ramas relacionadas coa xerontoloxía. Como indicou o seu director, Manuel Gandoy, trátase dun programa cunha alta carga práctica.

    O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey amosouse saisfeito de que este tipo de iniciativas se desenvolven na vila e asegurou que este tipo de políticas son parte desde fai tempo das inquedanzas do concello. Un obradoiro de memoria en 2005 e un primeiro curso en 2006 son os antecedentes deste curso que empeza o 16 de xullo e que se alongará ata o 19.

    Redacción Salnés