Arousa Norte promocionará a tarta de froitos secos como doce típico

    concursoreposteria_100_270607.jpgBARBANZA > AETAN organizou un concurso de repostería co fin de crear un postre denominado ‘Sanramón’ que se converta nun doce típico de Arousa Norte.

    Tres foron os finalistas deste certame de repostería convocado pola Asociación de Empresarios Turísticos do Barbanza (AETAN) coa finalidade de crear un postre típico de Arousa Norte: o ‘sanramón’: Xosé Ramón Buján, Gonzalo Abalde e Sonia Yáñez.

    concursoreposteria2_200_270607.jpgFoi precisamente esta última a gañadora do concurso coa súa tarta de foritos secos. O xurado que se reuníu no Restaurante Chicolino de Boiro, tivo verdadeiramente complicado elexir a un, dado o nivel dos tres postres participantes.

    Con este concurso a AETAN pretende crear un punto de encontro dos profesionais da nova pastelería barbanzá, propiciando o intercambio de experiencias e coñecementos, así como servir de escaparate ó exterior das excelencias gastronómicas de Arousa Norte.

    Outro dos seus obxectivos responde á necesidade de construir unha ferramenta de dinamización das tradicións do Barbanza, como é o caso do San Ramón.

    Redacción Barbanza