BARBANZA> O acto de entrega do material tiña lugar na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, e nel tomaron parte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregaron esta mañá un total de 157 desfibriladores destinados ós corpos de bombeiros comarcais, os GES e as agrupacións de Protección Civil de toda Galicia. Coa entrega deste material o Goberno Galego continúa coa súa aposta por reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera punto da comunidade. Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remarcou tamén a importancia dos desfibriladores de cara a mellorar a asistencia a aquelas persoas que sufran un accidente cardiovascular.
Inicio BARBANZA