Rafael Louzán toma posesión como presidente da Deputación de Pontevedra

    PONTEVEDRA > Rafael Louzán xa é, de novo, presidente da Deputación de Pontevedra. Hoxe tivo lugar a toma de posesión tanto…

    louzantoma_270607_200.jpg…do presidente como dos 27 deputados provinciais. No seu discurso, Louzán apoiou a reforma deas deputacións para adaptalas a estes tempos. O presidente estivo arroupado polos seus compañeiros de partido incluído Alberto Núñez Feijoo. Moitas caras coñecidas que asistiron ós distintos discursos que precederon ó momento máis importante da mañá.

    O intre no que Rafael Louzán renovaba o seu cargo na deputación provincial. No seu discurso, Louzán avogou pola reforma das deputacións para adapta-las os tempos que corren e precisou que esta institucións son plataformas de servizos. Tamén esbozou as liñas xerais desta lexislatura e asegurou que apoiará ós sectores agrogandeiro, vitivinícola e do mar que terá un plan de novas liñas de axuda. Ademais de Rafael Louzán, tamén xuraron ós seus cargos os dos deputados que representaran á comarca do Salnés esta lexislatura.

    Un veterano nestas lides, o vilanovés José Juan Durán e un recén chegado, o número dous da Illa, Juanlouzantoma2_200_270607.jpg Luciano Otero Besada do PSOE. Así viviron eles esta xornada. O punto final a este acto o puxo un grupo de gaitas que interpretou a himno galego. Entre bicos e felicitacións, Rafael Louzán non quixo desvelar o nome dos vicepresidentes e pediu un pouco de tempo para establecer os cargos definitivos na corporación. A cita rematou cunha recepción onde se deron cita a plana maior da nosa política provincial.

    Redacción Salnés