A POBRA> O comercio da Pobra sairá á rúa entre o 9 e o 11 de agosto. Non se trata dunha feira de liquidación de stock senón que busca dar a coñecer os negocios existentes na vila e animar ás vendas nesta época na que as rebaixas mestúranse co incremento da poboación.
13 establecementos participarán nunha nova edición do Comercio na Rúa que se densenvolverá na Prazo do Emigrante da Pobra entre o 9 e o 11 de agosto. Comercio, textil, calzado e alimentación compartirán espazo con postos artesáns así como un expositor de troco de produtos e outro de recomendacións sobre o coidado da roupa.
Ademais da activade comercial, a feira contará cunha serie de espectáculos así como diversos obradoiros para os que será preciso inscribirse previamente no enderezo promocioneconomicapobra@gmail.com
Non se trata dunha feira de liquidación de stock senón que ademais dos produtos con descontos haberá tamén artigos de tempada co fin de reproducir todo o que ofrece cada tenda na rúa. O obxectivo é dar a coñecer o pequeno comercio e favorecer así as vendas de proximidade.