As obras do corredor Brión-Noia comezarán este ano

corredorbrionnoia_100280607.jpgNOIA > A Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, anunciou no pleno do Parlamento que as obras do corredor Brión-Noia darán comezo este ano.

María Xosé Caride anunciou o comezo das obras do corredor Brión-Noia, que se producirá neste mesmo ano, en resposta a unah pregunta parlamentaria presentada polo deputado socialista, Xosé Manuel Lage Tuñas, en relación coa mellora das comunicacións na comarca de Noia. Segundo explicou a Conselleira de Política Territorial, na actualidade a nova infraestrutura está na fase final de tramitación. O proceso foi longo dado que houbo que ‘reestudar enlaces, pasos superiores e outros elementos para adaptalos á posible ampliación para que non aconteza como na vía autonómica do Barbanza, onde a falta de planificación do desdobramento orbigou a pecha-la estrada. Ademais foi precisa a realización dos estudos de de trazado, construtivo e ambientais preceptivos para facer un proxecto seguro e de futuro.

Reivindicación histórica

A creación do corredor Brión-Noia virá satisfacer unha reivindicación histórica dos veciños da comarca Muros -Noia, que na actualidade carecen de vías de alta capacidade para comunicarse con Santiago e coa autopista do atlántico, principal eixo de comunicación de toda a comunidade galega. Neste sentido, o deputado Xosé Manuel Lage expresou a súa satisfacción asegurando que a nova infraestrutura ‘converterá de novo a Noia no porto de Compostela’.

Redacción Barbanza