Kiko da Silva: ‘Os creadores deste país estamos abandonados polas administracións públicas’

PONTEVEDRA> As consecuencias do coronavirus arrastran tamén ó sector da cultura. Moitos creadores ven o seu futuro negro, ante a falta de apoio por parte do goberno central e da Xunta. Nós falamos co ilustrador Kiko da Silva, que reclama axuda urxente para un sector que se sente tan discriminado como esquecido.

O mundo da cultura séntese esquecido ante a crise do coronavirus. A falta de medidas de apoio ó traballo de artistas e creadores está a poñer contra as cordas o futuro de moitos autónomos e pequenas empresas que viven da cultura.

O debuxante e ilustrador Kiko da Silva ponlle voz á situación do sector, reclamando ó goberno central é á Xunta apoio urxente.

O debuxante di que o seu sector séntese discriminado, ó ver como outros gremios si están a recibi-lo apoio das administracións. Explica que moitas pequenas empresas atópanse á deriva, pagando alugueres, autónomos e impostos, sen ningún ingreso. A isto hai que sumar unha peculiaridade do sector.

Os ilustradores enfróntanse ademais a outro problema: as editoriais están pospoñendo os lanzamentos previstos.

O tamén director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración ‘O Garaxe Hermético’  fixo todo o posible para evita-lo ERTE que afecta ós seus nove profesores. O proxecto, con todo, continúa adiante ofrecendo formación telemática.

Esta aposta polas novas tecnoloxías traduciuse nun incremento significativo do gasto: pola compora de accesos a programas para poder da-las clases, pero tamén porque os gastos correntes do mantemento do local continúan, aínda que a súa porta se manteña pechada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí