![]()
RIANXO > A Consellería de Medio Ambiente vén de emitir o informe favorable para a urbanización do polígono industrial de Té, en Rianxo. A tramitación do proxecto, que ocupará unha superficie de 335 mil metros cadrados, está pendente agora do estudo de Política Territorial.
Se as xestións se axilizan podería incluirse no último consello da Xunta antes das vacacións para non ter que agardar ata setembro, cando se retome a actividade administrativa. A aprobación do estudo ambiental favorable, que vén de ser remitido pola delegación provincial da Coruña á Consellería de Medio Ambiente para a súa ratificación definitiva, supón un novo paso adiante no proxecto do polígono empresarial de Té.
O novo parque, contaría cunha superficie de 335 mil metros cadrados, que virían satisfacer as vellas demandas do empresariado rianxeiro que levan anos denunciando a escaseza de chan industrial. Despois da aporbación deste estudo, tan só resta o informe de Política Territorial. O concello agarda que os trámites se axilicen co fin de incluí-lo proxecto no último consello da Xunta, evitando que se demore ata despois das vacacións.
Nestes días, a Consellería de Medio Ambiente tamén fixo chegar ó concello un informe sobre as modificacións a introducir no Plan Xeral de Ordenación Municipal para poder ser aprobado pola Xunta. O documento refírese á incluxsión de xonas de recollido de lixo e espazos protexidos. Os cambios será intriduicdos nas vindeiras comsiións informativas polo equipo redactor do proxecto. Unha vez modificado, o proxecto volverá ser remitido ó organismo autonómico para obter o seu visto bo e poder acelerar, na medida do posible, a aprobación do documento urbanístico.
Redacción Salnés








