Escasas capturas no inicio da campaña do polbo

RIBEIRA> Pouco polbo, aínda que o prezo que está a acadar en lonxa é alto. Así está a ser este inicio de campaña para o sector. Na rula ribeirense subhastáronse estes dous primeiros días de campaña apenas dous mil douscentos quilos do cefalópodo.

Aínda que as expectativas eran boas, o resultado non está a ser o agardado estes primeiros días de inicio de campaña. As capturas de polbo son escasas. nos dous primeiros días apenas se subhastaron na lonxa de Ribeira uns dous mil douscentos quilos.

A escaseza de produto fai que o prezo na rula sexa alto, algo que agradece o sector.

E como di o refrán ano de pouco polbo, ano de nécora…

O patrón maior de Ribeira agarda que a situación mellore de cara as vindeiras semanas, senón será, con total seguridade, unha campaña desastrosa.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí