Dezaseis firmas particparán na cuarta edición do ‘Comercio á Rúa’

    POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana unha nova edición do ‘Comercio á Rúa’. Dezaséis establecementos comerciais participarán na feira, instalada na praza do Emigrante. O obxectivo é dar saída ó stock da presente tempada, ofrecendo interesantes descontos ós compradores. Por cuarto ano consecutivo, o centro comercial aberto O Deán da Pobra volve apostar por sacar o comercio á rúa. Nesta edición, que se desenvolverá entre o sete e o nove de agosto, participarán dezaseis comerciantes, a maioría da comarca pero tamén de fóra, en representación dos máis variados sectores. Dende o concello colaborarán na montaxe das carpas e loxística do evento así como na animación a cargo dun grupo de gaitas. Animan ós veciños a participar na feira potenciando así non só o comercio local senón tamén outros sectores moi beneficiados por esta iniciativa, como a hostalería. A feira abrirá as súas portas o venres ás cinco da tarde. Durante o sábado e domingo o horario será ininterrompido, de onde da mañá a medianoite. Como actividade complementaria o sábado a partir das nove contarán coa actuación dun DJ.