O concello da Pobra aposta pola igualdade de oportunidades

    planigualdadepobra_100_020707.jpgPOBRA > O concello da Pobra vai poñer en marcha un programa de promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

    Segundo explicou a Axente de Igualdade de Oportunidades, Ánxeles Ramos, contratada polo concello para poñer en marcha este programa, a primeira acción a realizar será o deseño dun Plan de Igualdade de Oportunidades.

    Para a súa elaboración contarase coa participación e implicación das distintas áreas municipais, así como escoita-las propostas e demandas presentadas polo tecido social e recollidas no informe de diagnose da realizado social do municipio.

    Paralelamente á elaboración deste estudo desenvolverase unha campaña de difusión e sensibilización social en materia de igualdade con actuacións dirixidas especialmente a asociacións, centros educativos, anpas e outras entidades, a través de diversos talleres formativos.

    Ademais comezou tamén no concello a funciona-lo servizo de Orientación e Información para mulleres, cun horario de atención ó público de luns a venres de nove a doce da mañá.

    Redacción Barbanza