A PDRA pide valentía á Xunta para retirar os depósitos de hidrocarburos

    xaquinrubido100_020707.jpgVILAGARCÍA > A PDRA pídelle valentía á Xunta para que cumpra a sentencia xudicial e retire os depósitos de Ferrazo

    … Dálle de prazo este verán, se non, non descartan volver saír á rúa.

    depositosferrazo200_020707.jpgA PDRA acaba de recibir unha providencia do Tribunal Supremo que di que hai poucas posibilidades de se xexa admitido a trámite o recurso de casación interposto por Finsa e Foresa sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do pasado mes de maio. A empresa aínda ten opcións de presentar alegacións pero o colectivo cre que con esta resolución do alto tribunal é practicamente seguro que o recurso de casación non prosperará.

    A Plataforma lamenta que vaia a xustiza por diante das administracións á hora de facer cumprir o acordo asinado por PSOE e BNG no 2000 para a retirada dos depósitos. Coas licencias de Industria anuladas por sentencia xudicial só caben dúas vías para estas instalacións: a súa retirada definitiva ou tratar de buscar unha solución intermedia para legalizalas. Para a PDRA só vale a primeira.

    O colectivo non descarta volver saír á rúa e anunciaron para despois do verán unha campaña de información á cidadanía e de presión ás administracións para que se execute a retirada dos depósitos. A plataforma xa ten solicitada unha entrevista co conselleiro de Industria para falar deste asunto.

    Redacción Salnés