Máis de 200 escolares participan na clausura do programa Ludieduca no seu 10º aniversario

BOIRO> O pazo de Goiáns acolleu esta mañá o acto de clausura do programa Ludieduca promovido pola Cruz Vermella e Jealsa. Máis de 1300 alumnos beneficiáronse deste programa ó longo dos seus dez anos de traxectoria.

Máis de 200 escolares de Boiro e da Pobra participaron esta mañá na festa de clausura do programa Ludieduca que conmemora este ano o seu décimo aniversario. O acto, celebrado no Pazo de Goiáns, serviu para realizar un repaso do que supuxo esta iniciativa, a través duns videos protagonizados por antigos alumnos, hoxe xa adultos, que lembraron a importancia deste programa na súa traxectoria vital.

O obxectivo deste programa, impartido por voluntarios da Cruz Vermella, é fomentar a educación en valores entre os cativos para construír unha mellor sociedade de cara ó futuro. Nestes dez anos xa foron máis de 1300 os cativos que pasaron por este programa que ten vocación de continuidade por moitos anos máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí