O gaiteiro Xosé Manuel Budiño actuará en Ribadumia o día 5

    ribadumia_caixanova_copia100.jpgRIBADUMIA> A actuación realizarase grazas á colaboración entre o Concello de Ribadumia e Caixanova. O concerto celebrarase o vindeiro sábado 5 de decembro ás 9 da noite no Auditorio de Santa Baia.

    {flowplayer}images/salnes/CAIXANOVA_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Con esta programación cultural, preténdese dar continuidade á colaboración iniciada no ano 2003, entre o Concello de Ribadumia e Caixanova.

    A alcaldesa, Salomé Peña, destacou que coa axuda de Caixanova, a localidade pode ofertar unha gran variedade de espectáculos. Do mesmo xeito, resaltou a importante labor e esforzo que se está a facer dende a concellería de Cultura.

    Pola súa parte Antonio Gómez, director de Relacións Institucionais de Caixanova, afirmou que Ribadumia é un referente cultural á altura das grandes cidades.

    O próximo día 5, subirá ó escenario un dos mellores gaiteiros de Galicia, Xosé Manuel Budiño, que porá en escea os temas do seu último traballo titulado Home. Unhas melodías repletas de vitalidade que nacen das experiencias obtidas durante a viaxes do artista.

    A entrada para este marabilloso concerto costa 9 euros.

    Redacción Salnés