Ruíz Mateos comprométese a mante-los postos de traballo de Clesa

    ruizmateosenclesa_100_130807__still_001.jpgCALDAS > O fundador de Rumasa trouxo unha mensaxe de tranquilidade. Asegurou que manterá os postos de traballo e tratará de aumentalos.

    A visita de Ruiz Mateos a Caldas enmárcase na xira que o fundador de Rumasa está facendo polas fábricas de Clesa en España adquiridas recentemente polo seu grupo.

    ruizmateosquintaenclesa_300_130807__still_002.jpgA visita á de Caldas parece que lle deixou boa impresión xa que destacou o seu bo estado, tanto no referente ás instalacións como ó persoal. Aínda así, o seu obxectivo é potenciala, segundo dixo o propio Ruíz Mateos e o director xeral de Clesa España, Antonio Álvarez. Ambos destacaron a importancia da planta de Caldas, ‘moi importante a nivel nacional’ e confirmaron que traballan na ampliación da gama de produtos.

    Pero Ruiz Mateos centrou boa parte do seu interese en abortar posibles situacións de intranquilidade entre os empregados da fábrica, ós que lle garantiu o seu posto de traballo.

    Redacción Salnés