Touriñán volve a Vilanova para festexar por todo o alto o Momo

VILANOVA> Vilanova xa ten todo preparado para celebra-lo Momo.  O polifacético Xosé Antonio Touriñán será este ano o artista convidado. Iso si: o que segue sendo un misterio é a identidade da personaxe á que se lle vai prender lume.

O Momo deste 2018, que se vai celebrar este domingo, promete moita diversión e moita cor. Tamén moitas risas, porque Xosé Antonio Touriñán será este ano o artista convidado. O actor participará no desfile e despois ofrecerá un espectáculo en clave de humor.

Touriñán xa participou no pasado verán nas festas vilanovesas e agora repite no Momo. O humorista asegura estar encantado coas súas visitas á vila, tanto que mesmo bromeou con mercar unha casa no concello.

A Festa do Momo é un dos grandes eventos do ano en Vilanova. Unha festa que atrae a milleiros de persoas. Nesta edición, como é habitual, participarán varias carrozas e comparsas chegadas dende diferentes puntos de Galicia. O alcalde convida a veciños e visitantes a gozar dunha festa única.

O vindeiro domingo, a partir das 17h, a xoldra será a raíña de Vilanova, co tradicional desfile, con Xacobe Pérez, unha vez máis como mestre de cerimonias. Tamén haberá música, da man da orquestra Los D´Aché. O único que falta por saber é a identitade da personaxe á que este ano se lle prenderá lume.