Un novo vertido provoca a mortandade do marisco na zona do Touro

vertidotouro_100_040707.jpgRIBEIRA > Os mariscadores de Ribeira están a vivir un inicio de campaña de verán accidentado. Se a semana pasada era unha praga de estrelas de mar …  

… a que estaba a poñer en perigo o banco da Ínsua, agora un novo vertido fixo saltar tódalas alarmas. Afortunadamente a superficie afectada, na zona do Touro, non supera os cincocentos metros cadrados pero a toxicidade da substancia vertida acabou con toda a fauna marina que atopou ó seu paso.

Os feitos aconteceron a pasado luns, cando uns mariscadores que faenaban na zona do Touro alertaron da presenza dunha gran cantidade de bivalvo morto. Inmediatamente, os técnicos da confraría ribeiresa desprazáronse ata a zona comprobando como un vertido de alta toxicidade acabara, non só co bivalvo, senón tamén con outras especies mariñas como cangrexos ou tallantes.

O biológo e demais técnicos da confraría recolleron mostras da substancia que xa foron remitidas á Consellería de Pesca. A súa intención é coñecer a procedencia do vertido, que sospeitan, provén da fosa decantadora do Touro.

Afortunadamente, a superficie afectada polo vertido nun superou os cincocentos metros cadrados aínda que será precisa a rexeneración total dos fondos na zona debido á gran toxicidade da substancia.

O colectivo de mariscadores amosou o seu profundo malestar ante este feito lembrando que non se trata dun acontecemento puntual senón que son frecuentes este tipo de prácticas.

A este respecto, o presidente da agrupación criticou a ‘inoperancia’ da comisión de seguemento de vertidos creada a nivel municipal que non ten desenvolvido ningunha acción concreta para erradica-la emisións contaminantes á ría.

Redacción Barbanza