PONTEVEDRA > A nova edición das “Matinés do Principal” traerá a Sés, Morgan e McEnroe ao Teatro Principal de Pontevedra. O evento comezará o vindeiro mes e prolongarase ata outubro.
As Matinés do Principal regresan por terceiro ano consecutivo cun ciclo de música ao vivo para todos os públicos co obxectivo de apoiar a vida diúrna nos locais da cidade renovando hábitos de consumo cultural e de ocio.
Esta proposta non só pretende dotar a unha cidade de contidos culturais e musicais, senón que busca ampliar o público e as audiencias. As Matinés fomentan novos horarios que se axustan á conciliación da vida familiar e á posibilidade de asistir a concertos aos que, doutra forma, moitos non poderían acudir.
‘As Matinés do Principal’ seguirán co seu formato habitual e abrirán cunha proposta galega o sábado 20 de marzo da man de Sés, quen presentará o seu novo disco. O 27 de abril será a quenda da banda nacional Morgan. E, para rematar o ciclo, McEnroe volve aos escenarios o sábado 19 de outubro despois dunha tempada de silencio para presentar de forma única e exclusiva o seu novo traballo.
A oferta das Matinés complementarase con diversas actividades e sesión vermú. Terán lugar os sábados ás 12:30 no Teatro Principal. As entradas para as actuacións están á venda en ataquilla.com e na Casa da Luz. Os menores de 14 anos teñen un desconto do 50% no prezo.
Comments are closed.