‘Coñece o teu entorno’ comeza cunha visita ó Mirador Con do Forno

    visitaguiadailla100_040707_001.jpgA ILLA > A iniciativa da Concellería de Turismo da Illa de Arousa ‘Coñece o teu Entorno’ comezou hoxe cunha visita

    … guiada ó Mirador Con do Forno. Nesta excursión explicóuselles ós nenos as características da Illa e a arquitectura popular que está ó redor do parador. Dos 25 nenos de entre 6 e 12 anos que estaban apuntados, esta mañá só foron 20 os que coñeceron máis de preto o entorno no que viven.

    Con este programa pretendese que os máis pequenos melloren os seus coñecementos turísticos e culturais. Estas excursións levaranse a cabo tódolos mércores dos meses de xullo e agosto en horario de mañá. A próxima semana os cativos farán unha visita guiada ó museo de Ferrocarril e Centro de Interpretación da Illa.

    Redacción Salnés