A Liga ACT de Traíñas arranca o sábado no Grove

ligasanmiguel100_050707.jpgO GROVE > O Club de Remo Mecos organiza de novo a primeira regata de traíñas da Liga ACT por esta tempada…

… A regata disputarase este sábado en San Vicente do Mar, no Grove, e o club local tomará a saída na primeira quenda, ás seis e media, xunto a Orio, Cabo de Cruz e Laredo.

ligasanmiguel200_050707_1.jpgA quinta edición da Liga San Miguel de Traíñas da ACT arranca este sábado en augas de San Vicente do Mar, no Grove. Baixo o nome de Quinta Bandeira Outón Xunqueiriña, o club de remo Mecos encárgase da organización desta proba. E para iso conta co patrocinio das firmas Outón Xunqueiriña e, por primeira vez, Emprosal. O club resalta a proxección que lle dan ó municipio coa participación nesta liga polo que pide unha maior implicación por parte das administracións, sobre todo do Concello.

O club Mecos tomará a saída ás seis e media da tarde xunto coas embarcacións de Orio, Cabo de Cruz e Laredo, na primeira quenda. Así resultou do sorteo realizado esta mañá durante a presentación da proba. Na segunda quenda participarán Zumaia, Arkote, San Pedro Elcomare, e Hondarribia; mentres que na terceira competirán Zarautz, Castro, Pedreña e Urdaibai. As tripulacións embarcarán na rampla do peirao do Club Náutico de San Vicente, en Pedras Negras. A regata terá un percorrido de 5.556 metros, con catro largos e tres ciabogas.

Redacción Salnés