![]()
VILAGARCÍA > O Extrugasa debuta esta fin de semana en Liga ante o Gran Canaria. O adestrador Isaac Fernández terá problemas para confeccionar un equipo de garantías xa que a día de hoxe ten ata tres xogadoras con diversos problemas.
{flowplayer}images/salnes/baloncesto_021008.flv{/flowplayer}
A boa imaxe dada ante Celta Indepo e Perfumerías Avenida a pasada semana, fixo que se respirase certo optimismo no seo do Extrugasa ante o inminente inicio ligueiro.
Pero as cousas cambiaron nas últimas horas, xa que hai varias xogadoras con problemas que poderían causar baixa o sábado no Polideportivo La Paterna. Case con total seguridade non estará Meredith Alexis, aqueixada dun virus estomacal; non adestrou estes días e é posible que non viaxe. Jaklin Zlatanova, cunha inflamación nos metatarsos está á espera de que cheguen unhas plantillas que diminúan a súa dor e lle permitan xogar con normalidade. Tamén ten problemas nun pé a norteamericana Tamera Young , aínda que a súa presencia semella a máis probable das tres.
Con todo este panorama será complicado traerse un victoria de Gran Canaria, aínda que non imposible.
Despois do visto nos últimos partidos, e se cabe máis aínda coas posibles baixas, en Sara Gómez caerá bastante responsabilidade no apartado ofensivo.
Tralo encontro do sábado o que lle queda por diante ó Extrugasa é un auténtico carrusel de partidos. Ata nove encontros disputará nun mes entre Liga e Europocup.
Redacción Salnés








