Nimo cumpre os pronósticos e vence en Cambados

carreira250_150609.jpgCAMBADOS> Onte celebrouse a I Carreira Popular Ano Cabanillas. Na Praza de Fefiñáns tomaron a saída case cincocentos corredores e o máis rápido de entre todos eles foi o santiagués Pedro Nimo, que inscribe o seu nome no palmarés como o primeiro gañador da proba.

Non erraron os pronósticos que o colocaban como gran favorito. Pedro Nimo amosou a súa enorme calidade como corredor de fondo e impúxose sen apenas oposición na I Carreira Popular Ano Cabanillas.

O santiagués liderou a proba case que dende o seu comezo, marcando un duro ritmo que mantivo durante os 10 kilómetros. Se na primeira volta era media ducia de corredores os que resistían con el, pouco a pouco Nimo foi deixando atrás rivais para entrar en Fefiñáns en solitario, tendo tempo de abondo para desfrutar da victoria.

Rematou o percorrido en 31’22”  aventaxando en case un minuto a Iván Iglesias, que entou segundo. Robertas Geralvicius completou o podium ó rematar en terceira posición.

Na cetegoría senior femenina sí que houbo sorpresas xa que agran candidata á victoria, Chus Valiño viuse superada por María Jesús Gestido, que cun tempo de 35:14 rematou undécima na clasificación xeral.

Tan só nove segundos por detrás dela chegou José Luis Otero, decimocuarto e gañador que en veteranos C, categoría para máis de 57 anos. Ademais, Rubén Domínguez, foi sexto na xeral e gañou en juniors. Carlos Piñeiro venceu en Veteranos A e José Luis Bouza en Veteranos B.

A Praza de Fefiñáns foi tamén escenario da entrega de trofeos onde se homenaxeou ós vencedor. Pedro Nimo levouse o máis cuantioso, o de 400 euros.

Redacción Salnés