O delegado de Traballo clausura o obradoiro de emprego Nordés

    obradoironordesilla100_050707.jpgA ILLA > O Obradoiro de Emprego Nordés, da Illa de Arousa, clausurou hoxe a súa actividade. No acto participou o delegado …

    … de Traballo en Pontevedra, Pedro Borrajo, quen aconsellou ós 45 alumnos desta iniciativa a apostar polo autoemprego como vía de inserción laboral.

    No último ano, 45 persoas recibiron formación no obradoiro de emprego Nordés na Illa de Arousa, que contou cun orzamento de máis de 840.000 euros. Nesta edición impartíronse as especialidades de albanelería, carpintería, confección de complementos naúticos, construción naval e xardinería.

    O proxecto financiado pola Consellería de Traballo fixo posible a construción dun Centro de Formación Profesional e dunha casa de servizos na área de Secada, ademais de dúas lanchas. Os alumnos tamén se encargaron de confeccionar roupa de auga, de traballo e diversas velas tradicionais. Outras das súas actuacións centráronse na restauración dos xardíns da Casa Goday e do peirao de Pau e da recuperación ambiental do borde marítimo da Illa da Arousa.

    Para este fin os alumnos e alumnas contaron cun equipo docente integrado por un director, un titor, 7 mestres das especialidades do obradoiro, unha orientadora laboral e un profesor de informática. Asemade, dentro dos coñecementos teóricos os alumnos recibiron formación en materia de prevención de riscos laborais.

    Redacción Salnés