O Consello Escolar pide a revogación da Directora do Conservatorio

    VILAGARCIA> O Consello Escolar do Conservatorio de Música de Vilagarcía ven de pedir por unanimidade a revocación da súa directora

    {flowplayer}images/salnes/atril_directora_conservatorio.flv{/flowplayer}

    … Rosina Sobrido, que exerce este cargo desde que se fundou fai oito anos. Alegan o reiterado incumprimento das normas estipuladas na LOE; e denuncian a connivencia para con ela do Concello. Os representantes do Consello Escolar aseguran que só foron convocados a unha reunión o pasado mes de novembro.

    Daquela foi cando pediron a revocación da Directora sen ter resposta ate o de agora, máis que a través da prensa. Segundo o Consello, o reiterado incumprimento da lei e das súas funcións por parte da Directora obrigarían á revocación do seu cargo, que está a desfrutar como se fose vitalicio, o que contradí a LOE. Amais, Rosina Sobrido estaría a ningunear ó Consello Escolar manténdoos alleos a calquera decisión sobre o funcionamento do Centro.

    Na última e única reunión por este curso á que foi convocado o Consello Escolar, no pasado mes de novembro, tampouco se lle aclarou ós docentes, ós alumnos nin ós representantes dos país o futuro inmediato deste centro: non saben pois se podería pechar, chegar a fusionarse ca Escola de Música Municipal ou mesmo deixar de impartir certas especialidades.

    Para máis inri, tras levar desde o 2011 promovendo esta revocación, o Concello puxo á Directora do Conservatorio de exemplo de boa xestión, cando fai escasos anos, fora o mesmo Tomás Fole o que criticara a súa forma de xestión en pleno denunciando que despilfarraba. Así as cousas, ós afectados non lles quedou máis que acudir, de novo, ós medios de comunicación para facer valer os seus dereitos no Conservatorio vilagarcián.

    Redacción Salnés