A corporación de Vilagarcía reclamará melloras en materia de educación na vila

    VILAGARCÍA> Pero este non foron os únicos puntos que se trataron no pleno de onte en Vilagarcía. O alcalde comprometeuse a trasladar ao conselleiro de Educación a demanda da coordinadora pais de alumnos do municipio na reunión que manterán Varela e Rodríguez o martes. A corporación vilagarciá coincidiu onte na necesidade de reclamar a Xunta de Galicia máis profesores e melloras nos centros escolares do municipio. Por unanimidade ese foi o resultado das súas mocións presentadas polos grupos de EU e do BNG polas que se insta a Xunta a atender as demandas polos pais dos alumnos de Vilagarcía. O alcalde, Alberto Varela reunirase este martes co conselleiro de Educación ao que trasladará estas peticións. A corporación tamén aprobou por unanimidade a un expediente extraxudicial de crédito preto aos 30.000 euros con destino ao pago de facturas pendentes. Por outra banda o PP da vila constou co apoio do resto de grupos políticos e a abstención do goberno socialista para sacar adiante dúas mocións que teñen que ver con demandas veciñais. Unha delas é a acometida coa reparación dos problemas de inundacións e rúa de O Freixo, en Vilaxoán, e a outra ten que ver co traslado do transformador de Fenosa en o lugar de Pedroso.