![]()
SANXENXO > As bandeiras azuis xa ondean nos areais e no porto deportivo de Sanxenxo. A alcaldesa Catalina González …
… achegouse hoxe ata Areas para izar unha delas.
Desde hoxe xa locen en Sanxenxo as 14 bandeiras azuis que lle concedeu a ADEAC, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. A alcaldesa Catalina González, encargouse hoxe de izar unha delas na praia de Areas, que despois de dous anos, loce este distintivo de calidade. Coa de Areas, en total son 13 praias nas que ondeará a bandeira azul este verán, á que hai que engadir a do porto deportivo Juan Carlos primeiro. De entre todas destaca tamén a conseguida por primeira vez polo areal de Panadeira.
Para Catalina Gonález, ‘é gratificante ser o concello que máis bandeiras azuis ten en España’. E é que Sanxenxo volve deste xeito a ser, por quinto ano consecutivo, o concello de España con máis distintivos de calidade outorgados pola ADEAC, e ademais no ranking mundial é o segundo, despois de Vila Nova de Gaia, en Portugal, que ten 17. O bo tempo xa chegou e con el os primeiros turistas. A alcaldesa espera que se queden e gocen das praias en Sanxenxo.
Redacción Salnés







