O PSOE culpa ó ‘autoritarismo’ de César Mosquera das difíciles negociacións

    modestoposeplenoaberto_100_050707.jpgPONTEVEDRA > O coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Pontevedra. Modesto Pose, estivo no último Pleno Aberto da tempada.

    As negociacións entre o BNG e o PSOE de Pontevedra enquistáronse e está costando moito máis do previsto chegar a acordo. Para o BNG a culpa é dos socialistas, demasiado crecidos tralos resultados electorais. Para o PSOE a causa é xusto a contraria. Os malos resultados do BNG que demostraron o descontento dos pontevedreses co goberno nacionalista. E iso, din, tense que notar á hora de pactar un novo goberno moito máis igualado en forzas e sen os autoritarismos do anterior.

    O coordinador provincial do PSOE é especialmente crítico coa figura de César Mosquera, ó que acusa de manter posicións dictatoriais que os mesmos veciños e colectivos de Pontevedra veñen denunciando hai anos. ‘As cousas hainas que falar e debater’, di o coordinador provincial. ‘Non é cuestión de ceder, pero sí de escoitar’.

    Vilagarcía

    O outro gran frente aberto para os socialistas da provincia é Vilagarcía. Mañá a Xunta Electoral Central decidirá se o actual alcalde podía ou non presentarse a unhas eleccións.

    Os socialistas esperan a resposta da Xunta con certo nervosismo e culpan ó PP de tentar emporcalo todo. ‘O PP anda á que caia e tan só se trata dun defecto de forma pero non de fondo. Ninguén cuestiona a boa fe do alcalde vilagarcián’, asegura Pose, quen apela ó informe feito polo avogado do Estado no que lle daba vía libre a León para presentarse ás eleccións.

    Se León tivera que renunciar o PSOE plantexaría un ‘contencioso electoral’, de xeito que a saída do actual alcalde podería demorarse aínda varios meses. Anque tamén hai quen comeza a buscarlle xa substituto e se fala de Marcelino Abuín, portavoz e concelleiro de urbanismo como posible sucesor.

    Redacción Salnés