Noia Histórica e Concello irán da man este Nadal coa campaña ‘Noia preto de ti’

NOIA> Entre as múltiples actividades programadas, destacan novamente o concurso de escaparates e o sorteo de catro mil euros en vales de compra. Como en edicións anteriores, colaboran tamén coa campaña Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

Noia Histórica e Concello irán de novo da man este Nadal coa campaña ‘Noia preto de ti’ coa que pretenden incentivar as compras  no comercio local.

A campaña terá este ano coma principais atractivos a decoración de rúas e de escaparates, na que se incluirá un concurso para elixir aquel comercio mellor engalanado. Tampouco faltará ambientación musical polas rúas e un sorteo de catro mil euros en vales de compra.

O Concello volve a implicarse coa campaña, a través da decoración das rúas, que está a ter unha enorme repercusión. Ademais de ofertar o servizo de ludoteca para falicitar as compras ás familias, este ano organizará un concurso de selfies entre a mocidade.

Como en anos anteriores haberá tamén tren infantil os días 23 e 24; instalarase novamente o photocall co trineo de Papá Noel o día 24 na praza do Curro e moitas máis sorpresas co fin de atraer o maior número de visitantes á vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí