Chega a Sanxenxo a cúpula xigante de R

    cupularsanxenxo_100_050707__still_003.jpgSANXENXO > O operador galego R instalou na Praza do Mar a súa cúpula xigante que alberga xogos e actividades lúdicas.

    ‘R’, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, escolleu Sanxenxo para continuar coa súa cúpula inchable que dende o 2005 visitou xa 20 localidades galegas. En Sanxenxo a instalación, que é gratuíta, estará na Praza do Mar ata o domingo, de 11 da mañá a dúas da tarde e de 5 e media a 9.

    cupularsanxenxo_200_050707__still_002.jpgA concelleira de cultura de Sanxenxo, Paz Lago, presidiu esta mañá a inauguración da cúpula onde catro monitores coordinan a entrada do público e orientan aos visitantes para que participen nas actividades e aproveiten as posibilidades do recinto. Pese á súa espectacularidade, a instalación móntase en 20 minutos.

    Trátase dunha gran estrutura inchable de 175 metros cadrados e 9 metros de altura deseñada en exclusiva para R por Quim Guixá, enxeñeiro recoñecido mundialmente polo seu traballo no Xogos Olímpicos do 92, a Expo de Sevilla ou a Exposición Universal de Xapón.

    cupularsanxenxo_200_050707__still_001.jpgNo interior da cúpula o visitante pode percorrer varios módulos e descubrir as novas dimensións das tecnoloxías da información. Os máis pequenos teñen a súa propia zona, onde poden, por exemplo, montar un quebracabezas xigante de Disney Channel. Ademais, entre as actividades inclúense as últimas versións do xogo Collin Mc Rae de fórmula 1, unha nova consola virtual ou un videomatón para que o visitante sexa o actor da súa propia minipelícula. E os visitantes non marcharán coas mans baleiras pois desta volta as canles FOX e Nacional Geographic Channel teñen preparados varios regalos.

    Redacción Salnés