A IV Vilagarcía Basket Camp chega ó seu fin

basketcamp100_060707.jpgVILANOVA > Os 215 rapaces do Vilagarcía Basket Camp tócalles esta noite preparar a equipaxe para regresar …

… ás súas casas. 

Só lles queda un día para gozar do seu deporte preferido. Os rapaces do Vilagarcía Basket Camp apuraban hoxe os adestramentos no pavillón de Vilanova, baixo as instruccións do equipo de monitores coordinado polo adestrador do Inelga Juan Espiñeira, coa colaboración de Antonio Toa Paterna, do Unicaja Málaga.

Desde o pasado domingo, uns 215 nenos, procedentes de diversos lugares de España e Portugal participaron neste campamento deportivo. Divididos en 13 grupos por idades e nivel deportivo dedicaron estes seis días de concentración a adestramentos e actividades lúdicas. Nesta cuarta edición recibiron a visita de Carlos Suárez, do Estudiantes, nomeado esta campaña mellor xogador revelación nacional. Tamén se esperaba a Jorge Garbajosa, pívot da NBA e campión do mundo, e a Sandro Nicevic, ala-pívot que a pasada tempada competiu na liga francesa e anteriormente en Unicaja, pero finalmente non puideron vir.

Mañá toca facer as maletas, pero antes de volver ás súas casas terán as finais dos concursos e, trala entrega de premios, a última comida desta convivencia. A organización xa adiantou que na vindeira edición o Basket Camp durará dúas semanas para que darlle cabida ó gran número de solicitudes que reciben.

Redacción Salnés