O Arosa converte A Lomba nun fortín tras gañar ó Atios

plantilla_deportesarosaatios.jpgSALNÉS> En Preferente, o Arosa sumou onte a súa segunda vitoria da tempada,gañando ó Atios pola mínima: 1-0. Os demais equipos do Salnés, non lograron gañar os seus respectivos partidos.

{flowplayer}images/salnes/PREFERENTE.flv{/flowplayer}

O conxunto de Lino González fixo un novo alarde de entrega, á vez que soubo rentabilizar ó máximo, na segunda parte, a súa vantaxe no marcador. Na primeira parte, o partido estivo bastante aberto con chegadas a ambas áreas. O Atios deixou moitos espazos na medular o que permitiu ó Arosa chegar á área rival con bastante facilidade e desfrutar de varias ocasións de gol, tanto a balón parado como en acción de banda. Pero foi ó fío do descanso, cando o conxunto arlequinado conseguiu o seu premio. Vixo lanzou con precisión unha falta lateral pechada ó primeiro pao, onde apareceu o central Pablo Sabarís, para gañarlle oco á zaga visitante. Con este triunfo, o equipo vilagarcián sitúase na táboa con sete puntos.

O Cambados non puido dar continuidade ó su triunfo do domingo pasado en Carballiño. Onte en Burgáns, o Lalín mostrou ós cambadeses que é un equipo grande da categoría. Dende o primeiro minuto, o encontro púxose de cara para os de O Deza. Non en van, gañaban por 0-2 cando só transcurrirán 18 minutos. O Lalín asediou a portería de Rubén. Pero todos os problemas pasar4on cando Javi Sánchez acortou distanzas a pouco de comezar a segunda metade. O partido foise ensucianzo e apenas se xogou no último cuarto de hora.

O Ribadumia e o Cruceiro de Hío repartíronse os punto nun partido que tivo dúas partes moi diferenciadas. A primeira foi para os de Cangas e a segunda para os aurinegros, que pese a xogar con dez, subiuse ás barbas dos de Hío. Miguel Covas cometeu un penalti no minuto 16 e foi expulsado, pero Kiko detivo a pena máxima. Un valioso punto para o Ribadumia, que aínda non coñece a vitoria despois de catro xornadas.

O Sanxenxo continúa unha xornada máis, sen coñecer a vitoria. Na primeira parte, os dous equipos buscaron o gol, pero foi na segunda metade cando só o Gran Peña o atopou dúas veces. Os locais se viñeron a baixo e os vigueses aproveitaron para marcar no minuto 55 e de novo no 86. O gran Peña intentou amplialo marcador, mentres o Sanxenxo desaparecía do terreo de xogo.

Pola súa parte, o Céltiga perdeu por 4-0 na casa do Verín. Un gran correctivo por parte dun teórico rival polo ascenso. Os isleños fixeron un partido bastante frouxo e apenas tiveron opción para remóntalo partido.

Redacción Salnés